Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide que o ministro de Fomento explique o seu compromiso con Lugo

NOTA DE PRENSA:

Barreiro: “Blanco ten mañá a oportunidade de explicitar na Mariña o seu compromiso con Lugo”

* O presidente do PPdeLugo convidou ó Ministro de Fomento a aclarar durante a súa visita á comarca o futuro das infraestructuras da provincia. “É unha oportunidade de ouro para comprometer a súa palabra e facer gala do seu amor por Lugo”, dixo

* Os populares fixeron un chamamento ó resto das forzas políticas, sociais e económicas da comarca para reinvindicar nunha fronte común a execución sen máis demoras das infraestructuras comprometidas

Ribadeo, a 28 de maio de 2010.- “O ministro de Fomento ten mañá unha oportunidade única para demostrar o grao de compromiso que ten coa provincia de Lugo. Agardamos que aproveite a ocasión para dicir que esta comarca, e a provincia en xeral, terá prioridade, pese os recortes ozamentarios previstos no seu ministerio, e que as obras non van a sufrir máis retrasos na súa execución”.

Ese foi o requerimento que lle fixo hoxe en Ribadeo o presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro a José Blanco durante unha comparecencia na que estivo acompañado polos alcaldes, voceiros e deputados da súa formación política da comarca da Mariña.

“Nin a Mariña nin o resto de Lugo se poden permitir máis demoras sobre os retrasos xa acumulados na construcción de infraestructuras transcendentais para o seu desenvolvemento económico, máxime nos momentos de crise na que nos atopamos. A nosa provincia non debe pagar as consecuencias do desgoberno e malfacer de Rodríguez Zapatero”, engadiu

Os populares fixeron referencia ás obras sobre as que, segundo suliñaron, “debe dar explicacións mañá Blanco durante a súa anunciada visita a Foz, dado que non o fixo no Congreso cando anunciou un drástico recorte orzamentario no seu ministerio e un retraso de alomenos un ano na execución dos proxectos”, ó tempo que convidaron “a todas as forzas políticas, sociais e económicas da Mariña a reivindicar con forza e unha soa voz que todos os compromisos adquiridos se cumplan sin dilación”.

Así, os representantes populares fixeron mención á A-8, cuxos tramos están todos iniciados pero nos que hai xa algún tempo que se constata a ralentización dos traballos, así como ó tramo estatal do corredor San Cibrao-Barreiros, que, segundo recalcaron, lévase agardando preto dun ano a que Fomento resolva as alegacións ó trazado presentadas polos concellos afectados.

Os prazos e trámites para proceder á apertura do dique norte de Alcoa, para o que a Xunta xa realizou un estudio informativo que acredita a súa viabilidade, foi outro dos “asuntos pendentes” ó que fixeron referencia os populares, que tamén “reprocharon” a Blanco o abandono no que se atopan varias estradas nacionais “nas que se levan moito tempo sen facer as mínimas labouras de mantemento, provocando en algún caso se concentren nelas moitos accidentes”. É o caso da denominada variante de Foz, o vial que une Vegadeo e Ribadeo ou a nacional que une o porto de Ribadeo con Lugo.

Os cargos do Partido Popular ampliaron as súas reivindicacións a outras infraestructuras da provincia, como as autovías A-54, entre Lugo e Santiago; a A-56 entre Lugo e Ourense, a A-72 entre Chantada e Monforte, e incluso ó AVE.

Exit mobile version