Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lembra que as embarcación tradicionais teñen bonificación do 90% na taxa de portos

NOTA DE PRENSA:
O devandito beneficio fiscal está en vigor desde xaneiro de 2010 despois da modificación da Lei de taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia

BALSEIRO LEMBRA QUE OS TITULARES DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS E ARTESANAIS PODEN BENEFICIARSE DUNHA BONIFICACIÓN DO 90% NA TAXA DE PORTOS DE GALICIA

* Tamén os xubilados con embarcacións de pesca de recreo ou náuticas poden acollerse a unha redución do 50% nas taxas

* O voceiro do Mar do PPdeG sinala que a política de beneficios fiscais operada polo ente público autonómico que xestiona os portos galegos foi posible grazas a unha iniciativa de impulso rexistrada polo Grupo Parlamentario Popular

Santiago, 24 de maio de 2010.- Os titulares das embarcacións tradicionais ou artesanais poden solicitar unha bonificación do 90% na taxa que pagan pola ocupación dos terreos portuarios e espazos de varadoiro. O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que este beneficio fiscal que Portos de Galicia puxo en marcha desde xaneiro do 2010 foi resultado dunha iniciativa de impulso rexistrada polo Grupo Parlamentario Popular ao mesmo tempo que animou aos distintos propietarios deste tipo de embarcacións e formalizar a súa solicitude.

A XUNTA APOIA AS EMBARCACIÓNS PARA AS XERACIÓNS VINDEIRAS

Balseiro quixo significar a importancia de que, a pesar da crise que leva a algunhas administracións públicas a aumentar a presión fiscal e a recadación, a Xunta de Galicia está a facer todo o contrario, reducindo as súas taxas, convencidos das bondades de actuar en beneficio dos titulares destas embarcacións que dalgún xeito, forman parte do noso pasado, da nosa historia e do noso patrimonio cultural, pero tamén do noso presente e do noso futuro por iso, entre todos, debemos apoialas e conservalas de tal xeito que gocen delas as xeracións vindeiras.

Os criterios establecidos para acollerse a esta bonificación pasan porque o casco e o aparello sexan de madeira, seguindo a tipoloxía tradicional, no caso de ser de pequeno porte, requírese que dispoñan de remo ou vela, en ningún caso terán modificacións dirixidas suxeición de motores, intra ou foraborda e contarán co correspondente rexistro en Capitanía Marítima. Poderán ser beneficiarias tanto as orixinais –construídas con anterioridade ao ano 1950-, como as réplicas -con deseños, materiais e técnicas construtivas similares ás orixinais pero construídas na actualidade-.

REDUCIÓN DO 50 % PARA OS XUBILADOS

Os beneficios fiscais postos en marcha a iniciativa do novo Goberno autonómico tamén chegan a ese gran número de persoas que, con vinculación profesional ao mar ou non, hoxe se atopan xubilados e son propietarios de pequenas embarcacións de pesca e náutica deportiva que empregan no seu tempo de lecer. Neste caso a bonificación chega o 50% da taxa.

Ata o momento Portos de Galicia xestiona 122 peiraos de competencia autonómica entre os que están todos os da Mariña lucense salvo o comercial de San Ciprián (concesión de Alcoa). Son precisamente os seus usuarios os que poden beneficiarse destas e doutras bonificacións recollidas despois da modificación da Lei de taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia

Exit mobile version