Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP interpelará á conselleira de Traballo sobre a residencia de Viveiro

NOTA DE PRENSA
O Grupo Popular rexistrou unha iniciativa interesándose por esta cuestión
BALSEIRO INTERPELARÁ A BEATRIZ MATO NO PARLAMENTO SOBRE O BLOQUEO DO ALCALDE DE VIVEIRO Á APERTURA DA RESIDENCIA

* O Grupo Socialista non rexistrou ningunha iniciativa neste sentido, pese ao anuncio efectuado por Melchor Roel, circunstancia que o PP interpreta como unha marcha atrás.

A Mariña lucense, 08 de maio de 2010.- O deputado mariñán Jose Manuel Balseiro Orol interpelará no Parlamento á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, sobre o bloqueo imposto polo Alcalde de Viveiro á apertura da nova residencia de Covas. O Grupo Popular rexistrou varias iniciativas, que serán obxecto de tramitación pola vía de urxencia, interesándose por esta cuestión, despois de que transcendera que a negativa de Melchor Roel a ratificar a cesión dos terreos nos que se asenta a residencia á Sociedade Galega de Servizos Sociais. Unha vez máis Balseiro Orol mantén que a postura do rexedor vivairense impide a preto de 150 anciáns do acceso a unha praza sostida ao 100% con fondos públicos, e a 50 familias máis beneficiarse do centro de día que alberga a residencia.

O PSOE DÁ MARCHA ATRÁS

O Partido Popular amosa ademais a súa sorpresa xa que, pese a ter anunciado Melchor Roel que o Grupo Socialista no Parlamento galego rexistraría unha iniciativa para esixir responsabilidades tanto ao PP como á conselleira Beatriz Mato por ter feito público o bloqueo da apertura da residencia por parte do Alcalde, aínda a día de hoxe teñen rexistrado ningunha iniciativa neste sentido. Este feito, en opinión do deputado popular vén a significar unha clara desautorización por parte do PSOE ás palabras do rexedor vivairense. Balseiro Orol interpreta incluso que estamos ante unha marcha atrás porque o Grupo Parlamentario Socialista é plenamente consciente de que en este asunto a quen hai que pedir explicacións é ao Alcalde, por empecinarse en privar á Viveiro e ao conxunto da comarca, dos múltiples beneficios que traería a posta en servizo dunha residencia co 100% das súas prazas sostidas con fondos públicos

O deputado popular volve a reclamar ao rexedor que depoña a súa actitude obstruccionista e, con independencia das negociacións que poida establecer despois con SOGASERSO, proceda a ratificar en pleno a cesión dos terreos, condición previa e imprescindible para que podida darse a apertura da residencia de Viveiro.

Exit mobile version