Nota de Prensa
Barreiro: “non permitiremos que Blanco volte a incumplir os seus compromisos con Lugo”
* O presidente dos populares lucenses anunciou a presentación de mocións no Senado e na Deputación para que se manteñan os prazos de execución fixados para as autovías e o AVE na provincia de Lugo
* Fixo un chamamento ó resto das forzas políticas, sociais e económicas da provincia para reinvindicar nunha fronte común o seu cumprimento
* Tamén reprochou ó BNG a súa incoherencia sobre o papel das deputacións e convidou a Gómez Besteiro a romper o pacto de goberno cun partido que non cree nesta institución
Lugo, a 20 de maio de 2010.- O plan de axuste anunciado polo Goberno, con especial atención nos recortes en inversións e o retraso das obras comprometidas polo Ministerio de Fomento para a provincia de Lugo, capitalizaron hoxe a reunión do comité de dirección do Partido Popular de Lugo.
O Presidente dos populares lucense José Manuel Barreiro non dubidou en calificar de “convulsa” a última semana polo plan de axuste que vai desgranando, “non con poucas contradiccións”, o Goberno Zapatero “e que causará graves perxuizos a nosa provincia polas propias características sociodemográficas”, ó tempo que recoñeceu que “vemos con alarmante preocupación” os recortes na inversión e o retraso na execución das obras comprometidas anunciado onte polo Ministro de Fomento José Blanco ó que, segundo anunciou, “opoñerémonos. Non permitiremos que volte a incumplir os seus compromisos con Lugo”.
“Galicia e Lugo en particular non teñen que pagar a desfeita dos socialistas e José Blanco non pode castigarnos con novos retrasos, despois dos cinco anos de esquecemento ó que nos someteu a súa predecesora no Ministerio de Fomento, en infraestructuras vitais para o noso desenvolvemento”, explicou. De feito, segundo indicou, presentou no Senado sendas mocións sobre as autovías e o AVE, ás que se sumarán novas iniciativas nas distintas cámaras de representantes a todos os niveis, principiando xa pola propia Deputación de Lugo onde tamén se rexistrou unha moción en similares termos e o propio Congreso.
Na primeira insta ó Goberno central a comprometerse a que a anunciada reducción orzamentaria na inversión pública estatal non afectará ás obras ni ós prazos previstos para as autovías A-54, entre Lugo e Santiago; a A-56 entre Lugo e Ourense, a A-8 nos tramos que restan por finalizar ó seu paso pola provincia de Lugo, a A-72 entre Chantada e Monforte, nin nos Corredor da Costa nos tramos asumidos polo Estado, entre Barreiros e San Cibrao.
Na súa proposta Barreiro fai constar que as citadas autovías, ademáis de tener un carácter estratéxico para o desenvolvemento da provincia e de ser proxectos rentables social, económica e medioambientalmente, xa acumulan un retraso considerable na súa execución (a A-54 e a A-56 deberían estar rematadas este ano) polo que, segundo salienta, “sería absolutamente discriminatorio e inxustificable unha demora aínda maior”.
En parecidos termos reivindica o cumplimento dos prazos previstos para a chegada a Galicia do AVE en 2015, facendo explícita alusión ó denominado Pacto do Obradoiro.
“Blanco dixo onte que tiña palabra, pero en Lugo desgraciadamente sabemos o que eso significa, e aí están as hemerotecas para comprobalo. Na campaña das xerais de 2008 prometeu o mesmo que comprometera na campaña anterior e as cousas hoxe en día xa vemos como están. Hai un mes dixo que non quería que o seu paso polo ministerio pasase desapercibido en Lugo. Agora ten a oportunidade de facelo”, dixo Barreiro, quen tamén fixo un chamamento ó resto das forzas políticas, sociais e empresariais para que “fagan forza e fronte común na defensa dos intereses da provincia”.
IMPACTO PENSIONISTAS E FUNCIONARIOS.-
O presidente dos populares lucenses tamén suliñou a “negativa repercusión” que o plan de axuste do déficil terá na provincia. Así, fixo fincapé, en que en Lugo hai algo máis de 20.000 funcionarios dos que máis do 65 % son mileuristas, segundo recoñecía hai uns días unha central sindical, e algo máis de 80.000 xubilados, que representan o 22 por cento da población, que despois de verse afectados polo incremento do IRPF, verán conxelada a súa pensión.
“Polas nosas características sociodemográficas verémonos golpeados con máis forza que outras provincias e non é preciso lembrar o estado no que se atopan os nosos sectores productivos, fundamentalmente o primario”, apuntillou.
PAPEL DAS DEPUTACIÓNS.-
José Manuel Barreiro tamén amosouse moi crítico coa proposta do BNG de suprimir as Deputacións. “A Deus rogando e co mazo dando. Eso é o que fan os nacionalistas. É dun cinismo e dunha hipocresía sen límites estar nunha institución, formar parte do goberno como é o caso de Lugo, e ó mesmo tempo plantexar iniciativas encamiñadas a acadar a súa desaparición”, explicou.
Neste senso José Manuel Barreiro convidou ós nacionalistas a “ser consecuentes” e abandoar as deputacións “porque do contrario dará a impresión de que o único que os move é o interese económico e partidista e non a defensa dos veciños desta provincia”. Tamén instou a José Ramón Gómez Besteiro a “ser valente e a romper o pacto que ten co BNG”.
O líder dos populares lucenses indicou que o Grupo provincial popular levará ó vindeiro pleno unha moción na que se propón que a Deputación se dirixa á Xunta e ó Goberno central para instalos a defender o papel das institucións provincias tal e como se recolle na Constitución.