NOTA DE PRENSA:
O GPPP denuncia o uso partidista da Deputación por parte do PSOE nunha recente visita a Viveiro
* Leal, Barcia e Ginzo afirman que as obras anunciadas por Besteiro neste municipio da Mariñá financiaranse con cartos aportados pola Xunta
Lugo, a 8 de maio de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular criticou o uso exclusivamente partidista da Deputación por parte do PSOE na visita que o seu presidente José Ramón Gómez Besteiro fixo a Viveiro o pasado xoves, porque todas as obras que alí se anunciaron serán financiadas pola Xunta de Galicia. A Deputación só correrá cos gastos derivados procedementos da licitación e adxudicación, e fóra deso non pón nin un só euro máis.
Polo tanto, os deputados provinciais do PP pola Mariña, Guillermo Leal, José Manuel Yanes Ginzo e José María González Barcia, consideran que “xogar cos cartos de outros resulta sinxelo e sobre todo gratis”, e resulta “políticamente impresentable e mesmo vergoñento a apropiación por parte dos socialistas de obras que serán executadas cos cartos de todos os galegos”.
Os deputados populares tamén lembraron que “a Xunta bipartita e a Deputación bipartita, xunto cun alcalde do PSOE, foron incapaces de construir o parque de bombeiros de Viveiro e que agora finalmente farase porque a Xunta de Núñez Feijoo desatascou o procedemento e adxudicou a obra”.
Leal, Ginzo e Barcia aseguraron que “Viveiro non se merece ser un escenario máis de representacións mediáticas insultantes. Se a Deputación quere facer algo en serio neste concello tén moito por onde empezar”.