Nota de Prensa
Os populares afirman non hai cartos para abordar completamente as obras de mellora da estrada Reiriz-Espiñeira
* Os populares de Foz anunciaron que presentarán unha moción solicitando que a Diputación faga a obra completa no presente ano
Lugo, a 2 de maio de 2010.- Os populares na Deputación e no concello de Foz manifestaron hoxe as súas suspicacias ante o anuncio feito por Gómez Besteiro e García Rivera o pasado xoves en Foz de abordar as obras da totalidade da estrada Reiriz-Espiñeira, de uns dous quilómetros de lonxitude.
O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, indicou que “nestes momentos, non hai cartos para facer a totalidade da obra; de feito, só os hai para o tramo de 500 metros que aparece no plan de obras de Besteiro, e que xa estaba adxudicada a principios de 2007 polo anterior equipo da Deputación”.
Polo tanto, Barcia, quen constatou o mal estado que presenta o citado vial, cree que “estamos ante unha nova actuación teatral do home anuncio no que se tén convertido Gómez Besteiro e xa veremos se hai proxecto”.
Pola súa banda, os populares de Foz salientan o feito de que a Deputación anuncie a execución dunhas obras adudicadas hai tres anos. E dado que é ben coñecido o ritmo lento de traballo da administración provincial, anunciaron a presentación dunha iniciativa no Concello para que a corporación pida formalmente á Deputación a adecuación de toda a estrada Reiriz-Espiñeira.
O portavoz dos populares de Foz, Pedro Fernández Manín, indicou que “anuncios coma este xa os temos oído tanto por parte de Besteiro coma de Rivera, e por elo queremos que a corporación se pronuncie sobre unha estrada que tén bastante tráfico e presenta un estado lamentable porque non se lle realizaron as mínimas tarefas de mantemento. De feito, os baches son habituais, así como as zonas sen asfalto que deixan ver a base de terra da estrada”.