Nota de Prensa
Os populares solicitan que o persoal do GRUMIR realice actividades de autoformación.
Luis Pedre e González Barcia presentarán unha iniciativa no vindeiro pleno.
Consideran “imprescindible” que se familiaricen co uso do material existente.
O GMPP de Burela presentará unha iniciativa no vindeiro pleno que celebre o concello de Burela para que desde o concello se organicen actividades de formación do persoal que vén de incorporarse ós postos do GRUMIR.
Os populares consideran que é preciso que estas persoas realicen tales actividades para familiarizarse co material existente no concello para poder actuar con garantías en caso de sinistro.
Luis Pedre Díaz e José María González Barcia, que en distintas épocas do goberno municipal do PP foron responsables de Protección Civil, afirman que “antes había actividades de formación, ben organizadas pola Xunta ou ben polo concello a nivel interno. Que se saiba, nestes últimos tres anos o concello non organizou ningunha actividade, a pesares de contar cun coordenador na materia que desde o noso punto de vista está a ser absolutamente desaproveitado. Ademais, tentábase darlle unha certa estabilidade ó GRUMIR, para buscar máis e millor eficacia. Pero agora a renovación vén de ser absoluta”.
Pedre e Barcia pedirán tamén “que se organicen os turnos de xeito que se cubran adecuadamente as vintecatro horas do día con persoal con presencia física e suficiente para actuar cun mínimo de garantias”.
Os dous edís populares lembran que este servicio foi posto en marcha cando o PP gobernaba o concello durante a Xunta presidida por Fraga Iribarne.