NOTA DE PRENSA:
Os populares de Burela valora positivamente o relevo na Dirección do Hospital.
Resaltan a importancia do anuncio de novo equipamento feito pola Conselleira.
González Barcia afirma que “a calidade asistencial seguirá millorando coa Xunta de Feijoo”.
O PP de Burela amosou a súa valoración positiva respecto ó cambio na Dirección do Hospital da Costa. Os populares consideran que José Insua “é un profundo coñecedor da comarca, dos seus habitantes, e por suposto do proprio centro hospitalario e dos seus problemas, ademais de ter don de xentes e demostrada capacidade de traballo e xestión”, polo que se considera que o seu perfil é óptimo para dirixir o Hospital.
O presidente do PP burelés, José María González Barcia, no nome de todo o PP local, resaltou a importancia do anuncio de novo equipamento feito por Pilar Farjas. Un mamógrafo dixital, un novo ecógrafo e un ecocardiógrafo, “servirán para millorar a calidade asistencial do centro sanitário, cun investimento de medio millón de euros. Calidade asistencial que seguro seguirá millorando coa Xunta de Núñez Feijoo”.
González Barcia indicou que a Consellería seguirá apostando pola ampliación de servicios no centro hospitalario burelés. “Non teño ningunha dúbida, como queda demostrado que agora sí se fan as obras que outros solo foron capaces de anunciar”.
Barcia indicou que “desde a nosa responsabilidade política, estamos dispostos a aportar o que se nos pida para colaborar na medida das nosas posibilidades en seguir avanzando na millora do Hospital”.