NOTA DE PRENSA
Os populares consideran que “cada vez é máis difícil atopar praza pública de aparcamento no centro de Burela”.
Pernas Chao e González Barcia presentan unha moción pedíndolle ó alcalde que negocie con propietarios o acondicionamento de solares para seren usados como aparcamentos.
Os populares consideran que o alcalde, coma sempre, non fixo nada para solucionar esta problemática.
O GMPP considera que cada vez é máis difícil atopar praza pública de aparcamento no centro de Burela. En moitos casos, tárdanse quince ou vinte minutos en poder atopar unha praza de aparcamento”.
Os populares lembraron que “o PP, cando gobernaba o concello, deixou un proxecto listo para facer un parking soterrado na praza do Concello, e un estudio de parking soterrado na zona verde de Torrentes, unha superficie mui irregular de uns mil metros cadrados. Todo elo coa vista posta a medio prazo, e que non suporía ningún custo nin de construcción nin de explotación ás arcas municipais”. E máis, os proxectos serían repercutidos no prezo de licitación, afirman desde o PP.
“Coa chegada do bipartito, eses proxectos quedaron absolutamente paralizados. O alcalde, meses despois, anunciou o aproveitamento de dous ou tres solares, e mesmo chegou a plantexar un cambio de ubicación do parking soterrado, a Estación de FEVE ou o recinto portuario. Nada se chegou a concretar”, porque, que se saiba, non hai nigún documento ó respecto que avalen tales afirmacións.
Polo tanto, Pablo Pernas Chao e José María González Barcia veñen de presentar unha moción en tal sentido, porque “é imprescindible que se aborden solucións inmediatas para os problemas de aparcamento que nós consideramos que existen: se non queren un parking soterrado, hai que buscar outras alternativas,e pode que as haxa, o que hai que facer é traballar para darlle solución ós problemas. Cousa que o alcalde non fai, coma sempre, e agora menos porque está máis ocupado en ser portavoz da FEGAMP e da Mancomunidade de Concellos da Mariña”.