NOTA ROLDA DE PRENSA
Os populares de Burela: “urxe a reparación do derrumbe da travesía no Perdouro”.
Presentarán unha iniciativa no vindeiro pleno para demandar unha actuación inmediata.
Lembran que o alcalde anunciou que sería a Deputación quen fixese a obra.
Os populares de Burela presentarán unha iniciativa no vindeiro pleno ordinario do concello para que esta actuación se acelere. E lembran que foi o propio alcalde quen dixo que sería a Deputación quen realizase as obras. O mesmo alcalde manifestou non hai moito tempo que o presuposto era de setenta e cinco mil euros, pero a día de hoxe non coñecemos nada máis ó respecto. E o peor é que tampouco os veciños e veciñas de Burela teñen idea de cando se van facer as obras.
Ademais, os populares indican que a Deputación, de boas a primeiras, non pode actuar nunha estrada de competencia municipal, polo que debería asinarse un convenio ó respecto para poder facer a obra. Tampouco sabemos nada se están dando pasos nese sentido, se o concello autoriza á Deputación a actuar, ou é a Deputación a que transfire os cartos ó concello.
Por eso entendemos que sería bon que o alcalde se pronuncie non vindeiro pleno ó respecto, ou mesmo antes, se tén as ideas claras e sabe como se van facer as cousas, porque se a contratación e execución da obra vai a correr a cargo da Deputación, ou incluso o concello, o trámite é simple, xa que se formaliza un procedemento negociado sen publicidade que acostuma a ser breve. E que se saiba, nin no concello nin na Deputación se deu paso algún para levar a cabo esta obra, só redactar o proxecto. E eso é o primeiro que temos que saber.
E mentres tanto, como é habitual co bipartito burelés, o tempo pasa, para maior desgracia e pena de gran parte dos bureleses, que ven como as cousas se fan con grande lentitude. E o peor é que a Deputación bipartita de Gómez Besteiro e Bao tampouco se caracteriza precisamente pola súa celeridade. En fin, que se xunta a fame coas ganas de comer, e a obra sen facer.