NOTA DE PRENSA:
Os populares afirman que no concello hai máis de cincocentos exemplares de periódicos amontanados, pagados cos cartos de todos.
Consideran que se dá unha imaxe de desidia, a mesma que dá o bipartito.
“Mentres, as axudas dos corenta euros están sen pagar”.
O GMPP considera un auténtico despilfarro que máis de cincocentos exemplares de periódicos pagados con fondos de todos os bureleses leven dez días amontonados no concello, desde o pasado día cinco, á vista de todo o mundo, dando unha imaxe de desídia, desorde e despilfarro que, por desgracia, concorda exactamente coa mesma imaxe que dá o bipartito.
Segundo os populares, eses exemplares correspóndense co pasado mércores, día cinco de Maio, que recollen un especial sobre o Día do Xubilado burelés. Neses especiales, de catro páxinas en cada periódico, aparece unha foto de un cuarto de páxina, con entrevista, de Nieves Cando.
Desde o PP, que non entran a valorar a publicación dun especial, e de feito recoñecen que na súa época tamén se facía, o que é un contrasentido é non repartir os periódicos, porque eses exemplares costan cartos, cartos que saen dos bolsillos de todos os cidadáns de Burela. Os populares consideran que nos momentos de recortes en que estamos, “alomenos deberían terse distribuído os periódicos. E ademais de ser un despilfarro de cartos, tamén demostra que a preocupación medioambiental do bipartito non é máis axeitada”. O PP pide que se retiren inmediatamente os exemplares dos periódicos apilados no concello
E mentres por un lado non se reparten máis de trescentos periódicos pagados cos cartos de todos, por outro as axudas dos corenta euros ainda están sen pagar.