Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela critica ao alcalde como presidente do pacto polo emprego

NOTA DE PRENSA:
O GMPP de Burela afirma que o alcalde, presidente do pacto polo emprego, pideu no pleno do xoves “máis cartos de todos para facer o mesmo, é decir, nada”.

Aseguran que se limitou a defender ós traballadores do pacto, pero non explicou porqué non se apoiou a creación de ningún posto de traballo.

Os populares pídenlle que pida perdón ós parados e dimita como presidente do Pacto.

O GMPP de Burela considera “indignante e unha bulra ás persoas que están no paro que o alcalde de Burela e presidente do Pacto Polo Emprego da Mariña pida ainda máis cartos á Xunta para que o Pacto polo Emprego sega facendo o que fixo ata agora: non axudar a crear nin un só posto de traballo, non ser capaz de apoiar a creación de ningunha empresa, e limitarse a facer estadísticas mensuais. E con eso riba da mesa, hai que ter moita cara para pedir máis cartos para seguir mantendo artificialmente un chiringuito creado pola Xunta bipartito e que hai que redefinir con urxencia”.

Eso foi o que o alcalde dixo no pleno do pasado xoves, pedir maís cartos para nada, dous días antes de que se celebrara o día un de Maio, pleno no que de novo se limitou a defender ós cinco traballadores que hai no Pacto, e “en ningún momento foi capaz de xustificar o gasto de cincuenta e cinco millóns de pesetas en ano e medio, e que demostran que PSOE e BNG cando todan cartos de todos o único que fan é despilfarrar”. Cincuenta e cinco millóns de pesetas que desde o punto de vista do PP só serviron para crear eses cinco postos de traballo do pacto, con máis sombras ca luces na selección de certo persoal, pero que non serviron para nada máis, agás a publicación de estadísticas mensuais.

O alcalde e presidente do pacto polo emprego “tampouco foi capaz de explicar o porqué non se apoiou a creación de ningún posto de traballo. Limitouse a citar unha acta do Comité de Dirección do pacto, na que curiosamente o alcalde e Presidente polo Pacto non fai nin unha sola proposta para reactivar o Pacto, e se limita a escoitar”. Estamos ante unha persoa “políticamente nula, sen iniciativa, e que cousa que toca, cousa que paraliza”.

“Nestes días, onte un de Maio, e hoxe, día do Xubilado en Burela, o GMPP pídelle ó alcalde que recapacite e ademais de dimitir como presidente do Pacto, lles pida perdón ós parados e traballadores polas palabras que dixo no pleno burelés do pasado xoves, eso sí, apoiadas con ganas e ímpetu polo BNG, especialmente por Nieves Cando”.

Exit mobile version