NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela: “vai sendo hora de que se arregle a travesía no Perdouro”.
Aseguran que a relación de postos de traballo do concello ainda non está elaborada.
Os populares consideran que “o alcalde anda sempre pola hora de Canarias”.
O GMPP de Burela considera que as obras de reparación da travesía municipal na zona de O Perdouro necesarias despois das riadas de principio de ano deben ser feitas con celeridade, ante a presencia das festas dentro de un mes e o comenzo do verán.
Segundo os populares, a contía que se vai investir, setenta e tres mil euros, dan a entender que a obra non tén unha grande dificultade, e por esa cantidade se poden contratar directamente. Os populares lembran que o alcalde manifestou, días despois de producírense as riadas, que a estrada sería arreglada canto antes, e pediulle apoio á Xunta e despois á Deputación. Agora semella que ou non tén presa, ou ben lle dixeron que non apurase moito a cousa para que poida vir Gómez Besteiro a Burela anunciar o comenzo da obra.
Por outra banda, a relación de postos de traballo (RPT) dos empregados municipais ainda está sen elaborar. Os populares lembran que cando se aprobou o convenio actualmente en vigor, en 2008, díxose que a RPT estaría lista en tres meses. Logo falouse de Setembro de 2009 e despois de Xaneiro de 2010. Agora resulta que a mediados practicamente de 2010 ainda hai días que se lle repartiron os cuestionarios ós xefes de sección.
Estes dous exemplos demostran a vagancia do alcalde, incapaz de cumplir nada do que promete, e se o fai, faino tarde. Definitivamente, “o alcalde ou vai pola hora de Canarias ou tén o reloxio parado”.