Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP cualifica de “despilfarro evitable” un autobús para promoción do turismo que presentou a Deputación

Nota de Prensa
O GPPP considera un despilfarro evitable a parafernalia na presentación do autobús turístico

* Aseguran que nos tempos de crise o bipartito provincial non pode presumir de recortes no gasto

Lugo, a 15 de maio de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou hoxe que o despilfarro levado a cabo na presentación do autobús turístico era pefectamente evitable, xa que se montou unha parafernalia, á vista de todos os lucenses, que non se corresponde coa imaxe de austeridade e control do gasto que debe dar unha institución pública coma a Deputación.

Os populares, que non entran a valorar a bondade da posta en marcha do autobús turístico, aseguran que nestes momentos de recortes, o bipartito provincial non é precisamente exemplo a seguir.

Eso confirma que tanto PSOE coma BNG usan as institucións e os cartos de todos para gastos de dubidosa ou nula rendabilidade para a provincia. Os únicos que tentan sacar rendemento de tales gastos, pero como proveito partidista e electoral, son precisamente os membros do bipartito, que están dilapidando máis de catro millóns de euros en gastos diversos no presente ano 2010.

Exit mobile version