NOTA DE PRENSA
O devate tivo lugar hoxe na Comisión de Pesca da Cámara galega
BALSEIRO SATISFEITO POLO ACORDO UNÁNIME ACADADO NO PARLAMENTO PARA POTENCIAR O PORTO DE MIRASOL
* O texto final, transacionado polas tres forzas políticas, inclúe a emenda do PP para que Fomento constrúa un apeadeiro loxístico para a carga de descarga de FEVE e que se continúen as negociacións iniciadas por Portos de Galicia con ENCE
A Mariña lucense, 07 de maio de 2010.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, amosou a súa satisfacción polo acordo unánime acadado no Parlamento de Galicia para potenciar o porto ribadense de Mirasol. A iniciativa, rexistrada polo Grupo Socialista foi obxecto de debate na Comisión de Pesca celebrada no día de hoxe.
INCLÚE AS PROPOSTAS POPULARES
Balseiro salienta que o texto final, transaccionado polas tres forzas políticas, inclúe as dúas peticións que facía o Partido Popular en relación con este asunto: a reclamación para que Fomento constrúa un apeadeiro para a carga e descarga de FEVE, que serviría de apoio loxístico para as empresas que operan deste o peirao Ribadense e, finalmente, tamén se aposta porque continúen as negociacións iniciadas por Portos de Galicia con ENCE de tal xeito que poidan desenvolverse os compromisos contidos na oferta que o Ente Público Autonómico fixo á multinacional papeleira de tal xeito que esta continúe empregando Mirasol como punto de distribución e chegada de pasta de papel e madeira. A formulación da iniciativa do PSOE era excesivamente xenérica, porque se limitaba a reclamaba melloras nas dotacións e nos accesos sen especificar cales, mentres que o texto final é plenamente satisfactorio para os populares.
OFENSIVA DA XUNTA POPULAR
Balseiro subliñou finalmente que foi un Goberno do Partido Popular o que desde a responsabilidade de Goberno da Xunta estableceu unha ofensiva de apoio e defensa dos intereses do Porto de Mirasol –co apoio ademais de todas as forzas políticas do Concello- e volveu a reclamar igualdade de trato, para que Fomento dote ao porto comercial de Ribadeo dos mesmos servizos previstos para o porto de Xixón