Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Cervo recrimina os concelleiros da oposición por pedir a apertura da residencia de Viveiro

CERVO .- O grupo de Goberno do Concello de Cervo quere lembrarlle a socialistas e nacionalistas que forman parte da corporación municipal de Cervo e non da viveirense, a pesares de que as súas declaracións públicas podan dar a entender o contrario.

As afirmacións do “presuntamente” concelleiro nacionalista en Cervo gabándose por un lado das dimensións da residencia de anciáns feita en Viveiro durante o Goberno bipartito da Xunta (e que non quixo facer en Cervo); e pola outra, as declaracións da voceira socialistas “cervense” felicitándose da construción do parque de bombeiros comarcal neste municipio veciño (a pesares de acordar en pleno solicitar da Xunta bipartita a construción deste parque en Cervo) dan unha mostra diáfana e precisa do moito que teñen loitado e xestionado por Cervo estes dous señores nos seus anos coma representantes políticos.

En ámbolos dous casos, xactarse dese “bo traballo” feito no período en que as súas formacións tiveron responsabilidade de Goberno en Galicia poñendo coma exemplos investimentos feitos nun concello que non é o seu, amosa ben ás claras a incapacidade de liderazgo destes políticos e o nulo peso específico que posúen dentro dos seus partidos.

E aínda por riba, teñen a ousadía de criticar a labor do grupo de Goberno cervense por conseguir investimentos reais, coma a construción dunha Residencia e Centro de Día, a cal, será en breve unha realidade no noso termino municipal e non simples entelequias como todo ao que nos teñen acostumados este señores cada vez que fan algún tipo de declaracións públicas.

Por iso, dende o grupo de Goberno recomendámoslles a socialistas nacionalistas cervenses (ou viveirenses) que procuren non dar leccións de boa xestión e de eficacia para os veciños de Cervo, porque os datos son teimados e demostran que todo canto levan anunciado e publicitado nos medios de comunicación coma logros das súas formacións nunca tiveron coma destino o concello ao que din pertencer.

Exit mobile version