O Torneo, comezou ás 17:30 horas co Desfile Inaugural, dando paso a continuación á exhibición “LA GRAN BOLA DE QUESO” a cargo das alumnas de Prebenxamín e Benxamín da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove.
Rematada a exhibición, comezou acompetición propiamente dita coa modalidade de conxuntos da categoría pre-benxamín, onde o equipo da Escola Municipal de Xove se proclamou campión desta categoría seguido das escolas de Guitiriz e Vilalba.
En Conxuntos Benxamín, gañou Vilalba, seguido de Guitiriz e Rábade.
En individuais alevín, a xovense Pilar Vázquez quedou campiona, seguido de Marta Fernández e Ana Vilela; En conxuntos alevín, primeiro foi Gutiriz, segundo Outeiro de Rey e terceiro Vilalba.
En Infantil individual, primeira foi Candela Dapena de Outeiro de Rey, segunda Andrea Sanjurjo de Guitiriz e terceira Noela Bouza da Escola de Xove; En infantil conxuntos, gañou Guitiriz, segundo foi a Escola de Xove e terceiro Outeiro de Rey.
En Iunior individual gañou Tania Gayos, seguida de Lucía López e Claudia Miragaya; en conxuntos iunior impúxose a Escola de Vilalba, seguida de Rábade e Lugo.
Xa en categoría xuvenil, en individual masculino, gañou Jonhatan Carro, e en individual feminino, primeiro foi Arlet Vilar, seguida de Silvia Seijas; rematamos coa categoría de xuvenil conxuntos, gañada pola Escola de Vilalba, seguida de Guitiriz, ocupando a Escola de Xove a terceira posición.
Unha vez terminada a competición, tódalas ximnastas participantes ofrecéronlle ao público que ateigaba o Pavillón Municipal de Xove, unha preciosa Exhibición baixo os acordes de Hallelujah interpretada marabillosamente por Rufus Wainwright.
Rematou o Torneo coa entrega de trofeos aos gañadores, acto no que estiveron presentes o Concelleiro de Deportes José Manuel Balseiro, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e o Concelleiro de Obras José Manuel González.
Pola súa banda, o Concello de Xove regaloulles a tódalas participantes unha bonita mochila de recordo do Torneo.