CERVO .- A delegación de Educación do Concello de Cervo organiza, coa colaboración da empresa IG-10, o proxecto denominado “Educ@ndo”, consistente nun programa de obradoiros e talleres para os alumnos de ensino infantil, primaria e secundaria do noso concello, así coma tamén para as súas familias.
Esta iniciativa, de carácter gratuíto, ten previsto dar comezo na segunda quincena deste mes de maio e prolongarase durante un mes. Os talleres, que se desenvolverán nas aulas dos tres centros educativos do concello fora do horario lectivo, son de moi diversas temáticas.
Concretamente, para os rapaces e rapazas está previsto desenvolver talleres de inglés, mecanografía, informática, interacción social e autoestima; xincanas matemáticas e obradoiros de coeducación para fomentar os seus coñecementos na igualdade de valores.
Tamén está previsto desenvolver actividades e xogos con contos como temática principal, e tamén vaise celebrar unha actividade denominada “libro vivo” que se vai a desenvolver a través da web municipal e mediante a cal se busca a creación de contos e historias elaboradas conxuntamente por distintos rapaces e rapazas a varias mans, propiciando o uso pedagóxico do ordenador e fomentando hábitos de lectura e de escritura.
Ademais, tamén hai previsto unha serie de talleres que van dirixidos a os nenos e ás súas familias. neste caso os talleres centraranse en temas coma a animación á lectura, técnicas de estudio e interacción social.
Segundo indicou a concelleira de Educación do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, o programa “Educ@ando” ten por obxecto “servir nalgúns casos coma reforzo para os rapaces nesta recta final do curso escolar; e noutros casos de complemento para á súa formación e tamén a dos seus pais”.
A responsable da área de Educación local agradeceu a colaboración amosada tanto polos equipos directivos coma polos consellos escolares dos tres centros de ensino do municipio “os cales cederon moi gustosamente as súas instalacións para que se podan desenvolver estas actividades” sinalou
Pedreira convidar a toda a comunidade escolar de Cervo e aos seus pais para que participen nesta actividade. “Estamos seguros que estes talleres terán unha boa acollida e xa podo adiantar que en datas vindeiras temos previsto darlle continuidade a esta iniciativa cunha programación de actividades que combinen a diversión coa formación dos nenos e nenas do noso municipio durante os meses de verán”.
Horario | Mes/es | Lugar de realización | Grupo Destinatarios | LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
DESPOIS DO COMEDOR | MAIO – XUÑO | Cervo | E.P. + E.I. | I play, I talk EI | I play, I talk EP | Somos iguais, somos diferentes EP ( +EI) | Ludoconto EI + EP | Comprensión Interactiv@ EP |
S. Cibrao | Comprensión Interactiv@ EP | Somos iguais, somos diferentes EP ( +EI) | Ludoconto EI+ EP | I play, I talk EI | I play, I talk EP | |||
DE 17:00 A… | Cervo | 5º-6º EP + ESO | Ludomates (xincana matemática 1 día Xuño 4H a concretar) | Presént@te:pps Webquest (2horas) | Coñécete!Sácate partido. 16-24 +ESO | Mecanografía I Informática e Internet I (2horas) CEIP | ||
S. Cibrao | Mecanografía I Informática e Internet I (2horas) IES | Coñécete!Sácate partido. 16-24 +ESO | Presént@te:pps Webquest (2horas) | |||||
Ludomates (xincana matemática) | ||||||||
DE 17:00 A… | Cervo | FAMILIAS | Técnicas de Estudio interactivas | Animación á lectura CEIP | ||||
S. Cibrao | Animación á lectura | Coñécete!Sácate partido | Técnicas de Estudio interactivas |
CONCELLO DE CERVO
O período de desenrolo das demais é do 18 de Maio (xa que 17 festivo) ao 18 de Xuño. As de tardes no IES en S. Ciprián e no CEIP en Cervo, e as que poñen despois de comedor, cada unha no CEIP correspondente entre a saída do comedor e a entrada de novo a clase.
As actividades que están en vermello só se farán en días concretos e non teñen a continuidade das outras.
- LIBRO VIVO: Dúas presentacións de 1,5 h. para cada grupo, e logo a través da web do concello, para comezar a finais de maio.
- PROTOCOLO DE ACTUACIÓN: Absentismo escolar e PUNTO RENG@NCHATE: Charla de 1,5 h. en Cervo e outra en S. Ciprián.
- COÑÉCETE: Ó igual que a XINCANA Matemática, pode realizarse dúas tardes, e outra para familias…nunha sesión intensiva de 2 ou + horas.
O resto de obradoiros son:
- SOMOS IGUAIS, SOMOS DIFERENTES son obradoiros en xeral de COEDUCACIÓN, igualdade, valores…
- PRESÉNTATE e un obradoiro sobre o power point e as webquest, faise todo a través de ordenador e internet.
- INFORMÁTICA, INTERNET E MECANOGRAFÍA I: nocións básicas destas tres cousas, tamén en aulas con ordenadores
- XINCANA MATEMÁTICA: xogos matemáticos nunha xornada intensiva: loxica, puzzles, orientación…
- COÑÉCETE, SÁCATE PARTIDO: test de personalidade, interaccións sociais…autoestima…
- LUDOCONTOS: actividades e xogos como temática principal o conto
- I PLAY I TALK : inglés con audios, videos, xogos, fichas…para E.I e primaria.