Nota de Prensa
AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS ORGANIZAN UN VIAXE AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA COMO COLOFÓN Á TEMPADA 2009-2010
* Na tarde de onte tivo lugar o acto oficial de clausura desta tempada, na cal participaron preto de 200 rapaces e adultos
* Este é o terceiro ano de vida das Escolas Deportivas Municipais, as cales naceron co obxectivo de fomentar a práctica do deporte en tre os veciños e veciñas de tódalas idades do municipio
Cervo 29 de maio de 2010.- A concellería de Deportes, coa colaboración da empresa I.G.10, organiza unha excursión o vindeiro sábado, 5 de xuño, ao Parque Acuático de Cerceda para uns 45 nenos e nenas de Educación Infantil que forman parte das Escolas Deportivas Municipais.
A viaxe ten previsto partir de San Ciprián ás 8.30 horas para pasar a continuación a recoller aos nenos e nenas de Cervo e seguidamente dirixirse ata a localidade de Cerceda co fin de disfrutar dun agradable día no parque Acuático de dita localidade.
Unha vez alí os nenos terán a oportunidade de xogar nos inchables e nas atraccións do parque acuático e tamén poderán participar en xogos alternativos e obradoiros de chapas e móbiles. A volta cara a Cervo será as 21.00 horas e a organización aconsella aos nenos e nenas participantes leven acada un a súa comida e a tarxeta da sanitaria e que vaian provistos de roupa axeitada para a xornada (bañador, chanclas, crema protectora e roupa para cambiarse).
Fin terceira tempada
Esta actividade é gratuíta e serve de colofón á tempada 2009-2010 das Escolas Deportivas Municipais, as cales celebraron na tarde de onte a súa clausura oficial no pavillón do CEIP de Cervo.
Nesta xornada os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de divertirse con inchables e despois participaron nunha exhibición do aprendido nas distintas modalidades de deportes que compoñen estas escolas. A velada rematou co visionado dunha montaxe fotográfica de tódalas activiaddes realizadas ao longo da tempada e finalmente se distribuíu entre os asistentes un novo número da revista oficial das Escolas Deportivas Municipais.
Compromiso co deporte
As Escolas Deportivas Municipais poñen fin a súa terceira tempada, durante a que teñen participado ao redor de 200 rapaces e adultos nas súas distintas modalidades. Trátase dun servizo impulsado desde o Goberno municipal que preside Alfonso Villares e dirixido ao fomento do deporte. O número de participantes acadado, o desenvolvemento das distintas actividades, e a resposta satisfactoria dos alumnos, permite concluír con éxito o terceiro ano de existencia das Escolas.