Site icon Crónica3.com A Mariña

O concellería de Emprego de Burela crea un servizo de “Infoemprego” con dous ordenadores para 670 persoas

BURELA (FNC) .-O mércores, 5 de maio, comeza a funcionar en Burela a aula infoemprego, que pon en marcha o Concello para achegar internet a aquelas persoas que están anotadas na bolsa de emprego e que non contan con conexión á rede nin con ordenadores nas súas casas.

A concelleira de Emprego, Sonia Fraga, explica que “poñemos en marcha este novo servizo co obxectivo de acelerar a incorporación ao mercado laboral destas persoas rexistradas na bolsa de emprego municipal. Todos os que buscan un posto de traballo poden acceder a esta aula infoemprego e incluso a xente que está en activo e que queira mellorar as súas expectativas ou que precise calquera tipo de documentación ou imprimir o seu propio currículum poden acceder tamén a esa aula”. No mesmo sentido se expresa o alcalde, Alfredo Llano, que sinala que “o Concello de Burela na súa responsabilidade de favorecer ao máximo posible ás persoas desempregadas pon en marcha esta aula”.

A aula infoemprego, que está ubicada nas instalacións do departamento de emprego en Arcadio Pardiñas, 137 – entrechán, está formada por dous ordenadores e será atendida polos técnicos de emprego que lles botarán unha man aos usuarios en calquera dúbida que poidan ter. A edil socialista suliña que “alí poden consultar todas as páxinas web que ofertan emprego e completámolas instalacións cunha fotocopiadora e cun fax para que así os usuarios poidan imprimir e facer en condicións os seus currículos e as súas cartas de presentación”. Llano engade que “se trata dun servizo importante que complementa a oferta do Concello de Burela hacia as persoas que están a buscar un posto de traballo”.

O horario será de 10 a 14 horas de luns a venres “e haberá un pequeno control onde anotarán o DNI e cada usuario disporá dunha hora para facer as súas xestións”. Na actualidade, e segundo os datos que manexa o Concello, son 670 as persoas que están anotadas na bolsa de emprego municipal, a maioría son de Burela, pero hai unha porcentaxe importante de xente doutras localidades da Mariña.

Exit mobile version