Site icon Crónica3.com A Mariña

O Colectivo Chilindrín presentou a Comisión de Festas de Celeiro

VIVEIRO.- A Asociación Xuvenil de Cultural “Colectivo Chilindrín” de Celeiro presentou a nova comisión de festas, agradecendo o traballo da anterior comisión e presentando un amplo programa de actividades.

NOTA DE PRENSA:
A Asociación Xuvenil e Cultural “Colectivo Chilindrín” de Celeiro, realizou esta tarde unha rolda de
prensa co obxectivo de presentar a nova Comisión de Festas de Celeiro, a mesma estará formada por
integrantes da nosa asociación, que asume a organización logo de que a anterior Comisión deixara a
súa organización o pasado ano.
En primeiro lugar, queremos mostrar o noso agradecemento, o traballo realizado pola anterior
comisión de festas, durante os 9 anos que levaron a cabo a súa organización.
O Colectivo Chilindrín, asociación da que forman parte máis de 60 mozas e mozos de Celeiro, e que
traballa por dinamizar social e culturalmente Celeiro, non podía permitir que o pobo de Celeiro
ficara un ano sen as súas Festas Patronais e do Mar, polo que se tomou a decisión de asumir a
Comisión de Festas, dentro do programa de actividades da nosa asociación, para o ano 2010.
A comisión está formada por 8 integrantes: Darío San Isidro, Francisco Portilla, Breixo Buján, Gabriel
Insua, Mateo López, Pastor Fernández , Bernardo Fraga e Javier Fustes, e xa pode adiantar unha
parte do programa das FESTAS PATRONAIS E DO MAR que contarán con 10 días de actividades, do
17 ao 27 de Xullo de 2010.
A actividade comeza o sábado 17, coa celebración do V FESTIVAL ARREAOCABO no Parque de
Lavandeiras a partir das 20.30 horas. O domingo 18 as 18 horas na Praia, disputarase o tradicional
partido Solteir@s contra Casad@s. Os días 20 na Praza do Chao, 21 na Atalaia e 22 na Praia,
contaremos con actuacións de música na rúa as 21 horas.
O inicio oficial das festas terá lugar o venres 23 de xullo día no que se levará a cabo, pola noite, a
Procesión de Baixada da Virxe do Carme ata o porto. A verbena será coa ORQUESTA ACHÉ.
O Sábado 24 celebramos o DÍA DO CARME, coa tradicional Procesión Marítima as 11.30 horas.
Haberá sesión vermouth coa Orquesta CINEMA, e verbena con CINEMA e Grupo MASTER.
O Domingo 25 DÍA DE SANTIAGO, sesión vermouth e verbena coa orquesta JERUSALÉN.
O Luns 26 DIA DE SANTA ANA, celebrarase a VIII festa da Cervexa e Empanada as 21 horas, e
teremos sesión vermouth e verbena co grupo SAMBA.
E por último o martes 27 será o DIA DO NENO, con xogos para os máis pequenos durante toda a
tarde.
Dende a asociación, seguimos a traballar para pechar o programa das festas, que será enviado aos
medios e publicitado no momento que teñamos a confirmación definitiva, ademais queremos
agradecer o apoio e colaboración mostrados pola Cofradía de Pescadores de Celeiro e o Concello de
Viveiro

Exit mobile version