Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo Buril de Burela realizará un mural co lema “Na Galiza 365 dias em galego” polo Día das Letras

BURELA .- O colectivo cultural Buril de Burela organiza para o venres día 14 ás 20:00 horas, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a proxección da longametraxe “Pradolongo”. Ademais previsto para esta semana a realización dun mural en defensa do idioma, co lema “Na Galiza 365 dias em galego”.

Nota de Prensa

O Colectivo Cultural Buril de Burela organiza para o venres día 14 ás 20:00 horas, como actividade encamiñadas á celebración do Día das Letras Galegas, a proxección da longametraxe “Pradolongo” (2008) de Ignacio Vilar, significativa por ter sido o primeiro filme de ficción distribuido para súa exhibición en salas que utiliza como lingua da súa versión orixinal o galego en case vinte anos, sendo o seu precedente máis inmediato “Sempre Xonxa” (1989), de Chano Piñeiro. O pase cinematográfico terá lugar na sala de usos múltiples da Casa da Xuventude da vila.

Por outra banda, o colectivo tén ademais previsto para esta semana a realización dun mural en defensa do idioma, co lema “Na Galiza 365 dias em galego”, que se ubicará nun dos muros exteriores do pavillón do colexio “Vista Alegre” de Burela. O Buril quere reivindicar con isto que o Día das Letras non sexa simplemente un día festivo máis do noso calendario e vacío de contido, senón unha ocasión para denunciar unha vez máis a situación precaria na que se atopa a lingua galega e os ataques dos que está a ser obxecto. O colectivo participará ademais na manifestación a prol do idioma que terá lugar o día 17 de maio, con saída ás 11:30 horas da Alameda compostelana.

Exit mobile version