PONTENOVA.- Despois do desprazamento de 120 seareiros pontenoveses na 1ª eliminatoria a Porto do Son, e de rexistrar unha entrada de uns cincocentos espectadores o pasado sábado na Mina, a fase de ascenso a liga galega estase a converter nun dos eventos mais importantes do ano na Pontenova.
O Sporting xa está a preparar o próximo desembarco da marea gualdinegra en Noia, onde espera contar cuns 150 seguidores entregados o equipo, e apoiados tamén polos xogadores do Porto do Son, que a pesares de quedar eliminados na Mina, mostraron un excelente comportamento no terreo de xogo e fora del.
O desprazamento e gratuíto para todo aquel que queira acompañar os de Moirón, e terá un prezo de 15€ para quen queira gozar da comida en Santiago.
Os interesados en viaxar pódense apuntar en: PONTENOVA.ES(pontenova.es@gmail.com) NA PÁXINA DO SPORTING(sportingpontenova@gmail.com) NO BAR MONTES, BAR PUENTE E BAR LENNON.
Contamos con vos, estamos a 180 minutos de alcanzar a liga galega. Pechémolos ollos, e soñemos. Soñemos mais forte.