FOZ/XOVE (MFO) .- O Xove puido, por fin, celebrar a permanencia en Primeira Nacional, gracias a vitoria de Arzúa en Vilalba, e pese a caer derrotado na prorroga fronte ao Reale-Thebes, por 84 puntos a 76. Pola súa banda o Celtas puido despedirse da súa afección cunha vitoria no derbi provincial fronte ao Estudiantes de Lugo ( 83 – 76 ).
O C. B. Xove non puido gañar, tras ir por diante todo o partido, para asegurarse a permanencia e tivo que esperar a derrota do Discoteca Troco Vilalba. O partido estivo sempre de cara para os mariñáns pero nos últimos minutos os da Estrada, que tamén se xogaban a permanencia, deron un último arreón e empataron o partido a 69 puntos no último minuto. Fernando fallou un tiro nos últimos segundos que levaron o partido a os cinco minutos adicionais. Na prorroga os da Estrada foron mellores que os mariñáns e gañaron por oito puntos de diferencia. Polo C. B. Xove xogaron: álvaro (2), Aitor (3), Ángel (6), Andrés (20), Juan María (21), Fernando (20), Alcalde (4), Javi, Eugenio e Piñón.
O Celtas-Primera Calidad puido despedirse da súa afección cun bo sabor de boca tras un mala temporada. Marco Justo so puido contar con oito xogadores pero souberon impoñerse durante todo o partido ao Estudiantes. Ao descanso os focenses xa gañaban por dez puntos pero os de Lugo recortarían diferencias no terceiro cuarto. Nos últimos dez minutos a boa defensa dos locais que so encaixaron 14 puntos foi a clave para a vitoria. Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Ángel, Manuel, Sama (14), Diego (23), Manolo (14) – Lucas (19), Brais (5) e Humberto (8)