NOTA DE PRENSA:
A REALIDADE E TEIMUDA E NON BENEFICIA A XESTIÓN DO ALCALDE
Ningunha das actuacións en execución ou entregadas durante este ano en Cervo foron promovidas polo PP coa excepción dunha pista de padel que ninguén usa e un palco que xa está en reparación
Si o PP non puxera como condición un centro de Día por parroquia para entrar no Consorcio de Igualdade e Benestar hoxe xa estaría en execución un residencia da terceira idade en Cervo
Cervo, 11 de maio de 2010. O BNG saíu ao paso das declaracións do alcalde de Cervo, Alfonso Villares que acusou ao BNG de non promover actuacións en Cervo nas súas áreas de goberno durante a etapa do bipartito. Os nacionalistas danlle a volta á palabras de Villares e din que efectivamente a realidade e teimuda xa que todas as actuacións en execución na actualidade ou entregadas recentemente forman parte de iniciativas promovidas por áreas de goberno dos grupos que hoxe forman parte da oposición municipal coa excepción dunha pista de padel no polígono de Cuíña que ninguén usa e usa e un palco que por desgraza xa está en reparación. Outras como a Residencia da Terceira Idade estaría en execución si o goberno local non puxera como condición para a adhesión ao Consorcio de Igualdade e Benestar a construción dun Centro de Día en cada parroquia que agora ninguén lembra.
De todas as actuacións executadas ou en execución en Cervo só dúas foron promovidas polo Partido Popular.
Os nacionalistas acusaron ao alcalde, Alfonso Villares de falsear a realidade e déronlle a volta ao seu discurso afirmando que efectivamente “a realidade e teimuda mais en nada beneficia ás xestións de Villares”. Facendo un repaso polas actuacións herdadas da xestión do goberno bipartito ou de outros nos que o PP non tivo ou ten responsabilidade, o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, referíuse á rede de gas en execución, subministro de auga a Cervo e Burela, saneamento en San Cibrao, ultima fase do polígono de Cuíña e zonas dotacionais recentemente entregadas, saneamento en Gondrás, rede wimax no Polígono de Cuíña, rehabilitación da escola de Rúa ou a gratuidade do servizo do Punto de Atención Infantil grazas ao apoio económico dunha área de goberno nacionalista da Deputación que por primeira vez deu apoio económico a tódolos colectivos culturais ou deportivos sen mirar a súa adscrición política.
O goberno local poñía condicións á Vicepresidencia da Xunta para a Residencia da Terceira Idade que impediron avanzar na súa execución.
Estúa cualificou de “hipócrita” o discurso de Villares e “lamentou a frouxa memoria do alcalde”, que nos últimos anos “perdeu a oportunidade de dotar a Cervo dunha Residencia para as persoas maiores ao poñer como condición un Centro de Día en cada parroquia para entrar no Consorcio de Igualdade e Benestar”, “agora Villares non quere lembrar esa condición e tampouco aclara si o modelo de xestión vai ser público ou privado nin cando se vai executar”, sinalou Estúa que insistiu en que “si a residencia de Cervo leva o mesmo camiño que a deixada en herdanza polo bipartito en Viveiro ao PP apañados imos”.