Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG explicou aos veciños de Barreiros que o POL pode deixar moitas vivendas fóra de ordenación

NOTA DE PRENSA:

O BNG EXPLICÓULLES AOS VECIÑOS QUE O POL PODE DEIXAR EN BARREIROS MOITAS VIVENDAS FORA DE ORDENACIÓN. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE DITO PLAN CONDICIONARÁ O FUTURO PXOM.

Barreiros, 14 de maio de 2010. Veciños e representantes de colectivos veciñais participaron no acto informativo sobre o POL celebrado onte á noite e organizado polo BNG no Teleclube de Barreiros. A responsable local do BNG, Belén Fernandez Soto e os concelleiros Suso Díaz e Antonio Veiga acompañaron á parlamentaria Teresa Táboas neste encontro ao que asistiron numerosos veciños que puxeron de manifesto o seu malestar pola falta de información a respecto do Plan de Ordenación do Litoral. Os nacionalistas informaron aos veciños de Barreiros das consecuencias das afeccións deste plan no concello, “tanto nas áreas de protección, nas que quedan prohibidas as construccións para uso residencial, coma nas áreas de mellora, onde tamén quedan prohibidos os usos residenciais, agás excepcións”.

Para os nacionalistas ao igual que para os veciños “non é de recibo que este Plan non recoñeza ningún núcleo de identidade litoral, ningún núcleo rural tradicional, quedando a ordenación destes espazos pendente da aprobación do PXOM, pero coa agravante de que mentras non se aprobe o Plan Xeral de Barreiros, é de aplicación directa e inmediata unha vez aprobado o POL. Con isto xeraríase novamente unha inseguridade xurídica, perxudicando sobre todo aos propietarios de vivendas unifamiliares, en definitiva, aos veciños de Barreiros que habitan núcleos rurais tradicionais desde sempre”.

O BNG tamén dixo no acto de onte que “este POL pode deixar en Barreiros moitas vivendas fora de ordenación, e así mesmo vai condicionar sobremaneira o desenvolvemento de Barreiros ao non ter elaborado o PXOM. Para nós tampouco deixa de ser curioso que este POL chegue coas súas áreas de protección (donde non se pode construir nin siquera vivendas unifamiliares) por riba da N-634, coma no caso de San Miguel, onde moitos veciños van ver como eles agora non poden facer nada e xusto enfrente das súas casas poden ver edificios de 100 e 200 vivendas”.

Desde o Bloque Nacionalista Galego inciden en que “éstas son as varas de medir do PP, que no caso de Barreiros xa quedou claro como se utilizan, beneficiando aos grandes promotores, e perxudicando aos veciños”.

No BNG consideran que “o Plan de Ordenación do Litoral condicionará o futuro PXOM de Barreiros. Entendemos que o PP quere aprobar este POL coa máxima celeridade e a mínima información e participación de veciños e colectivos. E consideramos que este POL, como instrumento de ordenación urbanística que é, tería que ser concebido como un proxecto colectivo que garanta a participación dos particulares”.

Exit mobile version