NOTA DE PRENSA:
O BNG esixe explicacións ao PP polo recambio en menos dun ano da dirección do Hospital da Costa
O recambio ven a recoñecer o deterioro na asistencia sanitaria da Mariña e afonda no modelo privatizador da sanidade pública impulsado polo PP
Sería curioso que un ex – alcalde dun concello da comarca fose o brazo executor do desmantelamento do Hospital da Costa
A Mariña, 25 de maio de 2010. O cese do xerente do Hospital da Costa, Carlos Fernández e a súa substitución por José Insua, ex – alcalde de Cervo e aínda hoxe presidente do PP nesta agrupación coloca, ao entender do BNG, a unha persoa de plena confianza do partido para substituír a unha persoa que nin sequera cumpriu un nesa responsabilidade. Os nacionalistas advirten que o recambio na dirección do Hospital da Costa ben a dar a razón sobre as denuncias sobre o deterioro do servizo sanitario na Mariña, mais advirten que esta substitución non vai mellorar nada xa que o problema está no modelo privatizador que o PP impulsa para a sanidade pública polo que os nacionalistas observan con preocupación este tipo de recambios que van na liña de favorecer un modelo de xestión que afonda na privatización da sanidade pública.
O cese do xerente do hospital ben a recoñecer o deterioro da sanidade pública na Mariña aínda que non se agardan grandes cambios
Os nacionalistas observan con preocupación o recambio en menos dun ano do director xerente do Hospital da Costa de Burela que “ven a recoñecer o deterioro na asistencia sanitaria na comarca”, posto en cuestión non só pola poboación usuaria e grupos políticos e sindicais, senón tamén polo propio persoal médico do centro hospitalario bureles. Antonio Veiga, responsábel comarcal nacionalista, “demandou ao PP explicacións por este recambio”, advertindo que “cambiar de xerente non implica un cambio na actitude do PP de aplicar un modelo privatizador da sanidade pública, polo que dixo non agardar grandes cambios”
O recambio na dirección do Hospital afonda na intención do PP de privatizar o servizo sanitario público.
Os nacionalistas observan con preocupación as intencións de aplicar un modelo de xestión na sanidade pública que vai na liña privatizadora xa experimentada en comunidades gobernadas polo PP como Madrid ou Valencia, “onde xa se demostrou o seu fracaso”. Para Veiga, “o recambio da dirección no hospital da Costa non significa un cambio na aplicación deste modelo, mais ben o contrario”, o nacionalista mariñán sinalou que este cambio afonda na intención privatizadora da xestión sanitaria pública”
Por último os nacionalistas fixeron mención ao perfil do novo xerente do hospital da Costa, a lembrar que como ex – alcalde dun concello mariñán e médico durante anos no centro hospitalario bureles, “debería ter sempre presente a defensa dos intereses desta comarca e non as directrices do partido”, en referencia á centralización da xestión sanitaria en Lugo e o consecuente desmantelamento da área Norte de Saúde. “Sería curioso ver como un ex – alcalde dun concello mariñán colabora como brazo executor do desmantelamento do Hospital da Costa”, rematou Veiga.