Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Xove considera falta de previsión as continuas modificacións de crédito nos orzamentos

NOTA DE PRENSA:
O vindeiro luns 10 de maio do 2010 está convocada unha sesión ordinaria do Pleno no concello de Xove.

Neste pleno vólvese debater unha MODIFICACIÓN DE CRÉDITO (punto 4º) a respecto do orzamento xeral municipal que aprobou o PP (coa abstención de AVEXO e o voto en contra do BNG e mais o PSdeG) no pleno celebrado o 18/01/2010.

Esta será a segunda modificación de crédito presentada polo PP en menos de catro meses, dado que xa presentaron outra por importe de 90.500,00 euros no pleno celebrado o 15/03/2010 (que saiu adiante co voto favorable do BNG), o que indica unha falta de previsión evidente e tira polo chan a defensa que o goberno en minoría do PP fixo do seu “orzamento realista” (como eles mesmos o cualificaron no pleno do 18/01/2010) e que non era tal vendo como se veñen desenvolvendo os acontecementos.

Unha vez máis, o tempo dálles a razón aos portavoces de todas as formación políticas representadas na corporación (agás o PP). A reacción dos grupos naquel pleno onde se debateron os presupostos foi: “decepcionante” (BNG), “mínimo investimento real” (PSdeG), “pouco ilusionante” (Avexo). Os feitos estannos a dicir que se podía facer bastante máis, tal e como lles reclamou o concelleiro do BNG, Xesús Fernández Bouza, no debate plenario do pasado mes de xaneiro.

Exit mobile version