NOTA DE PRENSA:
O BNG DE FOZ AFIRMA QUE OS PARCHES NA N-642 AO SEU PASO POR FOZ NON SON SOLUCIÓN
Basanta dille ao Ministerio de Fomento “que a estrada necesita un novo firme e cunetas en bo estado”
Foz a 29 de decembro de 2009.- O BNG de Foz denunciara publicamente o estado tan lamentable da estrada N-642 ao seu paso polo Concello de Foz no mes de decembro. Despois de esperar catro meses, Fomento está a realizar obras que ao entender dos nacionalistas son meros parches que non solucionarán o problema. Segundo o portavoz municipal, Xan Carlos González Basanta “estas son medidas pouco efectivas a longo prazo porque a estrada en poucos días estará na mesma situación”. En certa medida, é unha forma de tirar os cartos posto que sería máis económico e efectivo asfaltar de novo toda a estrada.
Por eso, desde o BNG reclaman ao Ministerio de Fomento que se de verdade quere amañar a estrada debe de facelo poñendo un novo firme de vía e ter en condicións as cunetas para que haxa unha boa drenaxe das augas. Esto sería posible se unha parte importante das multas que o Estado recada na Mariña se investisen no mantemento das estradas porque non é de recibo que só o 10% do que se recada retorne á nosa comarca.
Por todo esto, desde o BNG reclamamos de Fomento a colocación dunha capa de rodadura nos tramos en peores condicións, a limpeza e acondicionamento das cunetas así como o repaso do pintado de todos os tramos para poder circular con seguridade polas mesmas.