Nota de Prensa
A Xunta de Galicia ven de publicar o Plan de Ordenación do Litoral que fixa as liñas básicas de desenvolvemento urbanístico de todo o litoral galego e Burela, concello eminentemente costeiro, vese fondamente afectado por este novo planeamento urbanístico.
Para dar a coñecer as liñas básicas deste Plan e o que isto supón para o pobo de Burela, dende o BNG, invitamos a toda a cidadanía a participar nun acto que terá lugar o día 13 de Maio ás 19,30 h. no Salón de Conferencias de Burela, no que contaremos coa Parlamentaria do BNG Teresa Táboas.
Aproveitando a estancia da nosa parlamentaria teremos tamén un encontro cos veciños e veciñas das CASAS BARATAS.