Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros propúxolle ao pleno crear un aparcadoiro nas inmediacións do pavillón de San Miguel de Reinante

Nota de Prensa

O BNG PROPÚXOLLE AO EQUIPO DE GOBERNO NO PLENO CELEBRADO ONTE A CREACIÓN DUNHA ZONA DE APARCADOIRO NAS INMEDIACIÓNS DO PAVILLÓN DE SAN MIGUEL DE REINANTE.

Barreiros, 28 de maio de 2010. O BNG propúxolle ao equipo de goberno no pleno ordinario celebrado onte no Concello de Barreiros a creación dunha zona de aparcadoiro nas inmediacións do pavillón de San Miguel de Reinante.

Desde o grupo municipal do Bloque o concelleiro Xesús Díaz explica que “o pavillón, a parte do uso escolar ao que está adscrito, tamén está a ser utilizado por diferentes colectivos do concello como Arco da Vella, a asociación de baile, as escolas deportivas, entre outros. Entón atopámonos con que non hai sitio onde aparcar cada vez que hai algún evento, os coches teñen que quedar nas beiras da estrada ou pisando as fincas dos veciños que ven como se invade a súa propiedade privada”.

Díaz lembra que “esto xa o viñemos dicindo en varios plenos e cremos que esto debe ter xa solución. Desde o BNG pedímoslle ao alcalde e ao concelleiro de Obras que fagan as xestións necesarias para habilitar unha zona que hai pegada mesmo ao pavillón, fora da zona escolar ainda que pode estar afectada por Educación. Trátase dun campo sen utilizar para nada, poderíase explanar para dar cabida a varios vehículos, ademáis tamén se podería ampliar a pista que sube polo pavillón asfaltándoa ata as paredes mesmo para que os coches poidan estar máis arrimados e non entorpezan a circulación pola estrada doutros vehículos”.

Os nacionalistas suliñan que “esta situación dase, sobre todo no verán, cando se xuntan moitos coches e non se pode transitar prácticamente por esa zona. Parécenos que non é axeitado que unha instalación como un pavillón deportivo ou calquera outro lugar público destas características non teña un bó sitio para aparcar”.

Exit mobile version