Suárez Barcia contou que “o Clube de Actividades Subacuáticas Illa Pancha de Ribadeo se dirixiu ao Concello onde presentou un informe sobre a existencia na ría de ría de restos procedentes de naufraxios que poden ter interés e para evitar a súa expoliación por parte de particulares”. O rexedor sinalou que “tendo coñecemento desto nos leva a poñelo en coñecemento da administración autonómica. Algún elementos deberían ser catalogados e os máis pequenos que poidan ser extraidos e expostos nalgún local público como o Museo Provincial, algún museo autonómico ou mesmo nalgunha dependencia municipal. No concello de Ribadeo non temos ningún museo, pero quizáis este Forte de San Damián ao pé da ría podería ser o lugar no que ter nunha sala destinada para este tipo de achádegos que están no leito da ría”.
Fernando Suárez suliñou que “o que non podemos facer nin o clube nin o Concello é empezar a sacar cerámica de aí abaixo sen máis rigor, ademáis non estaríamos a facer o que a lei marca. Un arqueólogo da Xunta de Galicia podería tutelar todo esto, entendo que as operacións de baixar, subir, extraer son moi costosas, pero temos un clube que dentro das súas posibilidades se amosa favorable a facer ese traballo e despois habería que poñer en valor estes obxectos que levan moitos anos sumerxidos na ría de Ribadeo”. O alcalde dixo que “o que queremos agora é facelo público e pedir a colaboración da Xunta para poder levar adiante esta actuación e para evitar que se produzan expolios ou a destrucción destes restos”.
Os membros do Clube de Actividades Subacuáticas Illa Pancha presentaron esta tarde nun vídeo os restos localizados no fondo da ría entre os que se atopan: anclas de almirantazgo, pratos de porcelana e cuncas… e outros moitos restos que poderían datar dos séculos XVII, XVIII e XIX, cañóns (algún deles de bronce) ou embarcacións afondidas coma un veleiro ou un barco a vapor. O presidente do clube, Alberto Santiago, manifestou que “o que nos levou a esto é que a lei de Patrimonio Cultural de Galicia 8/95 de 30 de outubro di que lle corresponde á comunidade autónoma a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural e intereses de Galicia, as distintas administracións públicas colaborarán para que as competencias respectivas se exerzan segundo o establecido nesta lei. Os Concellos teñen a obriga de protexer, defender, realzar e dar a coñecer o valor cultural dos bens integrantes no patrimonio cultural de Galicia que radiquen no seu termo municipal, como é este caso. E correspóndelle adoptar, en caso de urxencia, as medidas cautelares necesarias para salvagardar os bens do patrimonio cultural de Galicia que ven o seu interés ameazado”.
Santiago engadiu que “por eso nós queremos salvagardar eses bens, que se catalogen e que se inventaríen, se non o estivesen xa para evitar, como dixo o alcalde, a súa expoliación. Por eso lle remitimos un escrito ao Concello para que puxese en coñecemento da Delegación de Cultura todo esto e poñernos a traballar para tentar salvagardar unha riqueza que se estivo expoliando durante moito tempo e que posiblemente se sigan a expoliar”.