Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela tratará coa conselleira de Mar cuestións relativas ao porto e á pesca

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano viaxará  o vindeiro luns 24 de maio a Santiago para manter un encontro coa conselleira de Mar, Rosa Quintana. Será a partires das dúas da tarde. O rexedor conta que “fun convocado pola conselleira tras a solicitude que lle plantexei xa hai algúns meses, tentarei que me acompañen representantes de ABSA ou da cofraría de pescadores para abordar e solicitar todo aquelo que nos pareza importante para Burela relacionado co mar, cuestións relativas ao porto e tamén á pesca. É unha boa noticia que nos convoquen a este encontro”

Exit mobile version