Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela pedirá a Fomento que poña indicadores da localidade nas estradas próximas ao municipio

BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, reúnese mañá mércores ás 10:30 horas en Lugo con responsables de Fomento para demandarlles a colocación de indicadores a Burela nas autovías e estradas máis próximas.

O rexedor explica que “lles plantexarei que queremos contar con suficiente información da nosa vila nos carteis que aparecen en estradas, autoestradas e rotondas para que figure o nome de Burela e que todo o mundo coñeza onde nos atopamos e a distancia que lles falta para chegar”. Llano engade que “tamén hai outra información importante sobre monumentos, queremos que nos informen da normativa que existe para a súa instalación porque teño a intención de colocar dous carteis informativos sobre a igrexa de Vila do Medio, onde se fará referencia ás súas pinturas, á súa historia… xa que ten moitísimo que ensinar e moitísimo que ofrecer. Paréceme importante tamén ter información nas estradas e autoestradas sobre esta cuestión”.

O alcalde ten intención de viaxar mañá a Lugo acompañado por unha representación da asociación de veciños O Vencello “para que eles aporten tamén as súas demandas”.

Exit mobile version