BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llanao, viaxou onte a Santiago para asistir a unha xuntanza do Consello Federal da Fegamp. Llano contou que “o primeiro que se fixo foi aprobar as contas para este 2010 que ascenden a 1.643.000 euros e que se axustan moito á labor que fai a Fegamp. Despois estivemos a falar da necesidade de traballar no modelo de financiación local, nós demandamos un novo modelo axustado ás necesidades de hoxe dos Concellos e queremos que se faga o antes posible. Tamén analizamos que neste 2010 exista un equilibro financiero entre o que aporta o Estado e o que aporta a Xunta para non crear baixóns na economía dos respectivos Concellos, pensamos que eso está garantido para este ano e para o que ven a ver si se pode ir avanzando nese novo modelo de financiación local, hai que aplicar o artigo 142 da Constitución que garanta ás facendas locais dispoñer de medios suficientes para desempeñar as súas funcións”.
O rexedor relatou que “falamos tamén dos fondos de cooperación local e do pacto local. Con respecto aos fondos o que se demanda desde a Fegamp é que exista menos burocracia, que poidamos acceder directamente ás subvencións previstas de tal xeito que axilicemos todos os temas sen que existan tantas trabas burocráticas con respecto aos papeleos. Hai algo que nos parece a todos importante que é que moitas das subvencións residuais que hai desde a Xunta para os Concellos que se aproveitan pouco ou que quedan sen utilizar sería bó que se pasasen eses cartos aos plans de cooperación para favorecer a creación de emprego e outras actuacións que boa falta nos están a facer agora. Por outra banda, dentro do pacto local moitas das cousas aí previstas estánse a levar adiante como os centros de saúde que están a ser asumidos pola Xunta, pero hai outras que van máis lentas como os centros de ensino, aquí eu propuxen que se axilice este asunto porque cada vez hai máis gastos de persoal auxiliar, de mantemento e de servizos e sería bó que fosen asumidos. Este apartado vai bastante lento”.
Llano dixo que “hai unha comisión específica que se encarga de analizar e negociar todos estes temas coa Xunta e agardamos que se resolvan o antes posible. Imos facer tamén unha xuntanza para falar do financiamento local, do pacto local e dos fondos de cooperación de acordo cos trámites que vai realizando a Femp, nós tamén queremos saber cómo se vai resolvendo todo esto e que sexa o máis beneficioso para todos os concellos de Galicia”.