BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, agarda que as obras de construcción do novo edificio da Capitanía Marítima se inicien no último trimestre do ano.
O rexedor asegurou que “acabamos de recibir a comunicación da Marina Mercante na que nos informan do inicio do proceso de contratación deses traballos. É unha boa noticia, será un edificio moi importante no noso concello, aportará un bó servizo á xente do mar e contribuirá a que Burela siga a contar con inmobles atractivos e funcionais”.
Llano lembra que “o orzamento total ascende a preto de 3 millóns de euros e o prazo de execución é de 12 meses. Agora mesmo publicóuse no BOE e hai 26 días de prazo para presentar as ofertas que a continuación se coñecerán e se elexirá a que se encargará desta importante construcción. Si todo vai ben e non hai dificultades raras en outubro ou novembro poderían dar comezo as obras e en 12 meses estarían rematadas. Xa tivemos oportunidade de coñecer como quedará o edificio que garda moita relación co mundo do mar”.