Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros e o conselleiro de Medio Ambiente reuníronse para analizar o convenio urbanístico

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros mantivo esta mañá un encontro en Santiago co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para analizar a marcha do convenio urbanístico.

Alfonso Fuente contou que “repasamos un pouco o cronograma do proceso, o convenio se aprobou polas tres partes, polo Concello, pola Xunta e pola Deputación. Agora está en fase de firma e estamos esperando á entrega do plan sectorial para seguir a súa tramitación así como os proxectos de urbanización”.

O rexedor barreirense dixo que “o que acordamos foi tentar acurtar ao máximo os prazos de dito plan que será o que resolva a situación dos contenciosos administrativos. Somos conscientes as administracións da repercusión de todo esto e da celeridade coa que debemos actuar neste caso. A intención da xuntanza de hoxe foi ir vendo como está a situación e ir traballando na liña de chegar á resolución dos procesos”.

Exit mobile version