O rexedor contou que “primeiro estivemos reunidos no salón de plenos e despois visitamos as obras que se van facer na zona da Anguieira así coma o pantalán e tamén se falou das obras que se realizarán na praia de Coto para preparar unhas zonas de sombras e baños para os minusválidos, xa que nese lugar o Concello tamén ven acometendo unha serie de investimentos. Trátase dun areal que non ten practicamente acantilados e que é de fácil acceso”. O goberno destina para estas actuacións, a da zona da Anguieira e a de Coto, 711.000 euros e 834.000 euros respectivamente.
Alfonso Fuente valorou de xeito positivo a visita de hoxe que “reflexa a colaboración existente entre o Ministerio de Medio Ambiente e o noso Concello e seguiremos traballando nesa liña. Tamén falamos das obras do plan E, dos investimentos realizados xa e dos que se farán neste 2010. Nesa liña de colaboración, como ven sendo normal, queremos seguir cando o Concello compra terreos para poñer a disposición da Dirección Xeral de Costas. Algo que se materializou coa visita de hoxe do subdelegado do Goberno ao noso concello”.