Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros acadou en Santiago o compromiso dun convenio para equipar o centro sociocultural

BARREIROS (FNC) .- O alcalde, Alfonso Fuente, tilda de fructífera a viaxe realizada hoxe a Santiago para entrevistarse con responsables de Benestar, de Medio Rural e de Urbanismo.

Fuente Parga sinalou que “é desas visitas nas que podes dicir que volves coa carteira chea, porque despois de visitar á secretaria xeral de Benestar, ésta me confirmaba que nuns días se firmará o convenio para equipar ao centro sociocultural. Estamos a falar dun investimento de arredor de 100.000 euros”. O rexedor tamén relatou que “visitei ao director xeral de Desenvolvemento Rural para interesarme por unha subvención que temos solicitada para o arranxo dun edificio que temos na parroquia de San Xusto. É unha partida de 240.000 euros e me informaba que está pendente de resolución e que no prazo dun mes se resolverá. Teremos que esperar para ver si temos a puntuación para que entremos nesa subvención. Foi unha viaxe fructífera”.

Urbanismo

Alfonso Fuente tamén mantivo un encontro con Encarnación Rivas, secretaria xeral de Urbanismo, “aproveitei para entregarlle unha serie de documentación que obraba no meu poder, como eran as actas de renuncia, para que as teñan na consellería, era un dos requisitos que levaba o convenio urbanístico. Todo está a seguir os seus pasos, as dudas que había sobre os seis millóns de euros comprometidos polos promotores, eles teñen os avales presentados e non hai por que dudar desto. O que sí está á espera tal e como anunciaban o propio conselleiro e o presidente da Xunta son uns cumprimentos que tamén teñen que facer os promotores e eu espero que nuns días o deixen resolto”. O rexedor barreirense suliñou que “eles teñen que cumprir como o teñen que facer todas as partes dun convenio. En breve esto verá a luz, despois de aprobalo a Deputación o que esperamos é que se firme canto antes”.

Exit mobile version