Site icon Crónica3.com A Mariña

NNXX de Burela consideran “inquietante” o incremento do botellón

NOTA DE PRENSA:
NNXX de Burela, preocupados pola falla de alternativas de fin de semana.

Consideran “inquietante” o incremento do botellón.

A Xestora de Novas Xeneracións de Burela vén de manifestar a súa preocupación pola cada vez máis evidente ausencia de alternativas para a xuventude durante o fin de semana, o que está motivando un incremento inquietante do botellón e que a xuventude saia de Burela os fins de semana.

Para os xoves do PP, cada vez é máis visible que estas dúas alternativas de fin de semana son as únicas que existen, pero ningunha destas solucións son as que quere a xuventude burelesa.

Os xóvenes do PP están claramente a favor de conciliar a diversión co descanso dos cidadáns, e mesmo están de acordo en que se apliquen as normas legais en vigor, pero “sen que o poder municipal se extralimite. E nós cremos que o concello se está extralimitando, porque pode que esteña a cumplir a lexislación vixente, pero o está a facer con pouca seriedade e rigor e desde logo sen ofrecernos ningunha alternativa a cambio. Desapareceron as noites alternativas que no seu día se ofrecían, que organizaba o concello con goberno popular, e agora non temos nada. E a xente nova quere divertirse sen ter que facer patinaxe na praza do Concello, nin facer botellón en cada vez máis sitios e sen ter que desprazarse fóra de Burela”.

Para as xuventudes do PP, “nestes momentos en Burela estamos ante un debate interesante no que o bipartito local tén moito que decir: os locais nocturnos de Burela pechan en hora, o que nos parece ben pero noutras localidades non; se hai lei, o alcalde debe garantir que se aplique igual para todos. A situación do noite de fin de ano pasado segue dándose todos os fins de semana”.

NNXX de Burela considera “apremiante” que desde o bipartito se dean explicacións sobre esta situación, e tamén alternativas. Consideran que “o alcalde non dá a cara e que a concelleira de Xuventude brila pola súa ausencia como tal. Nestes tres anos, desde o concello non se organizou nada que poidera enriquecer a vida da xuventude”.

Exit mobile version