Site icon Crónica3.com A Mariña

Mocións do O BNG en todos os concellos contra o paquete de medidas económicas do goberno do Estado

Nota de Prensa

Os nacionalistas consideran que se lle pretende transferir os custes da crise aos máis desfavorecidos.

O BNG presenta mocións en todos os Concellos contra o paquete de medidas económicas do Goberno.

O Bloque Nacionalista Galego vai presentar mocións nos conxuntos dos Concellos da Mariña na que solicita que os Plenos da Corporación expresen o seu rexeitamento ao paquete de medidas económicas que o Presidente do Goberno presentou no Congreso dos Deputados o 13 de Maio do 2010.

Segundo se recolle na moción dos nacionalistas as medidas que en materia de política económica fixo públicas o Presidente Zapatero co que se pretende reducir o déficit público, e que se concretan entre outros aspectos na conxelación das pensións contributivas para 2011, na reducción do salario dos funcionarios nun 5%, na negativa a que se cobre retroactivamente as axudas establecidas na Lei da Dependencia e na supresión do cheque bebe, na perspectiva de que significa diminuír o poder adquisitivo da clase traballadora e polo tanto reducir o seu poder de compra vai dificultar un aumento do consumo e da demanda interna que son fundamentais para saír da crise.

O Vice – responsábel Comarcal Nacionalista, Xoán Antón Estúa, denunciou que a reducción salarial aos funcionarios a partir de Xullo de 2010, coincidindo coa entrada en vigor da suba do IVE, é unha medida demagóxica, na liña de que non todos os traballadores da función pública teñen o mesmo salario, non pasando moitos deles dos 700 euros e non superando o 53% deles os 1000 euros mensuais, pero tamén agocha unha intencionalidade nefasta para o conxunto da sociedade pois significa avanzar na privatización dos servizos públicos. Na mesma liña o Portavoz nacionalista denunciou que a decisión de conxelar en 2011 as pensións contributivas resulta particularmente gravosa  posto que na nosa Comarca son moitos os pensionistas pola pirámide demográfica que temos, que da unha poboación moi avenlletada e polo feito de que as pensións galegas xa se sitúan a cola do Estado. Nesta liña hai que lembrar que son precisamente os pensionistas os que se sitúan na cabeza dos índices de pobreza en Galiza, na medida que boa parte dos nosos xubilados cotizaron no réxime especial agrario polo que as súas pensión son baixas.

Os nacionalistas mostráronse críticos tamén coa supresión das políticas de apoio a natalidade, con independencia de que na súa formulación actual non se atendese a criterios de progresividade e de renda, supón un absoluta iresponsabilidade se atendemos aos problemas demográficos que vimos de referir e da necesidade de impulsar a anovación xeracional, idea compartida polo Goberno do estado e da Xunta de Galiza. Asemade fixeron fincapé na supresión da reotractividade no pago das axudas a dependencia o que significa a alteración mesmo da normativa pola que se implementa esta lei así como as modificacións que se pretenden introducir no sistema de pensións que van afectar de xeito particular a viuvedade así como ao calculo das cotizacións para os traballadores que pretendan acollerse ás xubilacións antes da idade dos 65 anos, na mesma dirección dalgún aspecto do xa exposto anteriormente polo Goberno do Estado.

O Bloque nacionalista Galego considera que todo este paquete de medidas económicas, responden a lóxica neoliberal de pretender transferirlle o custo da crise económica as clases traballadoras e aos sectores sociais máis desfavorecidos economicamente, isto é precisamente a aquelas persoas que non tiveron ningunha responsabilidade na crise que se está a vivir e que tampouco se beneficiaron do crecemento especulativo que provocou esta situación. Estamos convencidos de que hai outras saídas a crise económica e que esta alternativa só parte dun axioma ideolóxico que entronca directamente coas políticas que provocaron a crise. Mesmamente pensamos que as mesmas van agravar a situación económica e van provocar que se volva ao decrecemento na medida que a perda do poder adquisitivo significa automaticamente unha baixa no consumo

Exit mobile version