Site icon Crónica3.com A Mariña

Luns comezan en Xove os circuítos culturais “Camiño da cultura 2010”

XOVE .- O luns dan comezo no Concello de Xove os circuítos culturais “Camiño da cultura 2010” que traerán tres representacións teatrais e un espectáculo de maxia

NOTA DE PRENSA.-

COMEZAN OS CIRCUITOS CULTURAIS EN XOVE

O vindeiro luns 31 de maio dan comezo no Concello de Xove os CIRCUITOS CULTURAIS (“CAMIÑO DA CULTURA 2010”) no noso Concello, actividade organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Para edición deste ano deste importante programa cultural, o noso Concello programou catro espectáculos, tres teatrais e un de maxia.

Como dixemos, a primeira función vai ter lugar o próximo luns 31 de maio ás 16:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico coa compañía TEATRO DO MORCEGO, a cal vai por en escea  o “LAZARIÑO DE TORMES”; a esta función van acudir tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón.

PROGRAMA COMPLETO DOS CIRCUITOS CULTURAIS 2010

LUNS, 31 DE MAIO

Teatro do Morcego  con Lazariño de Tormes

SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO – HORA: 16:30 HORAS

PARA ALUMNOS/AS DE ESO DO IES ILLA DE SARÓN

VENRES, 4 DE XUÑO

TALIA TEATRO – Valentino rufini e âkil pillabán de viaxe a milán (e van sen un can)

SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO – 13:00 HORAS.

PÚBLICO: PARA PRIMARIA DO CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN

MÉRCORES, 25 DE AGOSTO

Teatro Babaluva S.L.  con “LUME”

16:00 HORAS – SALÓN ACTOS CENTRO CÍVICO

NENOS DE 2 A 8/10 ANOS

MÉRCORES, 25 DE AGOSTO

DANI GARCÍA con “ACCIÓN”

20:00 HORAS – CENTRO CÍVICO –  TÓDOLOS PÚBLICOS

O orzamento total deste Programa é de 5.280 €uros, dos cales o noso Concello aporta 2.280 €uros e a Consellería de Cultura 3.000 €uros.

Exit mobile version