Site icon Crónica3.com A Mariña

Insiste o PP de Burela que “a día de onte” non se abonaron axudas do presente curso escolar

Nota de Prensa

O GMPP de Burela: “Nieves Cando, cando se pagarán as axudas dos corenta euros?”.

Os populares aseguran que, a día de hoxe, ninguén recibiu a axuda dos corenta euros.

Consideran que non se paga porque “dentro do bipartito hai follón”.

O GMPP de Burela denunciou hoxe a impresentable irresponsabilidade política do  alcalde e Nieves Cando que teñen a día de onte, mércores, sen abonar nin unha soa axuda dos xa tristemente célebres corenta euros de principios do presente curso escolar 2009-2010.

Os populares aseguran que onte, mércores, “ninguén tiña recibida a axuda dos corenta euros, axudas anunciadas a bombo e platillo por Nieves Cando os primeiros días de Setembro de 2009, é decir, hai practicamente nove meses. Está acabando o curso escolar e ainda non pagaron, polo que cabe preguntarlle a Nieves Cando cando se pagarán as axudas”.

O PP afirma que nos tempos de crise que estamos a vivir é mui grave que se teñan sen abonar estas axudas, que ainda sendo pequenas veñen a ser as únicas que o concello dá para paliar os efectos da crise. Esto demostra que o bipartito o único que fai cos servicios sociais é política para tentar sacer redito electoral, pero neste caso estamos seguros que lles vai sair o tiro pola culata.

Desde os populares consideran que “esto xa non se sabe se é para chorar ou para rir; o que é totalmente certo é que estamos ante un engano masivo, propiciado polo follón interno que existe dentro do bipartito burelés, onde o alcalde non é naide, Nieves Cando tenta mandar máis co alcalde, e uns polos outros a casa sen barrer e a xente sen cobrar”.

Os populares lembran que hai practicamente un mes pideuse por escrito que se abonasen as axudas antes de finais de Abril, e como non se fixeron o PP presentará a moción anunciada a principios da vindeira semana.

Exit mobile version