CERVO .- Un grupo de escolares do entro de educación infantil e primaria Fondo-Nois, de Foz, participaron esta mañá nunha xornada de autoprotección escolar organizada pola Agrupación Local de Protección Civil do Concello de Cervo.
Na xornada, os membros de Protección Civil de Cervo amosáronlles aos rapaces os distintos perigos que poden atoparse na súa vida diaria e coma reaccionar diante das situacións de emerxencia.
Os escolares tamén tiveron oportunidade de comprobar de primeira man os distintos materiais e vehículos cós que conta esta agrupación para facer fronte ás emerxencias.