Site icon Crónica3.com A Mariña

Diego Carcedo en Foz

O pasado venres, patrocinada por Caixa Galicia, os focegos tivemos a oportunidade de escoitar a conferencia “La crisis que se vio venir dentro de la euforia económica” que pronunciou o xornalista e escritor Diego Carcedo, tan coñecido pola súa dilatada vida profesional en diversos medios de comunicación, sinaladamente en TVE. Comezou a charla aludindo a como as crises económicas son cíclicas e que, aínda que por causas distintas, cada tempo rexístrase na sociedade mundial unha recesión, de maior ou menor intensidade e duración – a actual é das mais graves – e fixo un repaso das últimas, dende a holandesa dos tulipáns (s. XVII) e a americana do 1929 ata a actualidade, considerando as diferencias entre unhas e outras. O conferenciante, de forma amena e clarividente, descifrou as causas que levaron á situación actual, que se vía vir e da que os lideres da economía eran conscientes, pero ¿quen lle poñía o cascabel ó gato?. O xornalista foi moi crítico con dous aspectos dos políticos españois: por unha parte un goberno que se empecinou en non recoñecer a existencia da crise, ignorandoa. e anunciando o fin da mesma (fixo unha alusión xocosa á aparición de “brotes verdes”) sen ter en conta que o engano é sempre negativo, en canto que cando menos produce serias dúbidas e falta de credibilidade nos que dirixen o timón do país, e por outra o relator non entende como goberno e oposición, ante feito tan transcendente, son incapaces de aparcar as loitas partidistas e sectarias e non son quen de analizala conxuntamente e chegar ós consensos precisos para ver de superala. Se o fan noutros países nos que, sen ser menos enconada a loita entre partidos, aúnan esforzos e acadan acordos para a solución dunha situación ante a que se mostrou pouco optimista e cuio vaticinio o levou a botar man da sabencia popular: ”nunca choveu que non escampara”. Non asimilamos a lección da historia, dixo, e unha vez superada esta, recuncaremos. Diego Carcedo deu unha lección de obxectividade e claridade dende unha dialéctica moderada e respectuosa á que os nosos políticos- de tódolos niveis e cores- non acostuman..

Exit mobile version