Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP que “a Xunta potenciará o programa de detección precoz de cancro de mama”

NOTA DE PRENSA:

O PP de Burela: “a Xunta potenciará o programa de detección precoz de cancro de mama”.

Asegura que se creará unha unidade específica no Hospital con sistema dixital.

“O BNG non quere que o Hospital conte con servicios”, aseguran os populares.

O PP de Burela asegurou hoxe nunha rolda de prensa que “a Xunta non vai desmantelar ningún servicio de detección precoz de cancro de mama; todo o contrario, vai potencialo, xa que creará unha unidade específica de vixiancia e detección precoz do cancro de mama en varios hospitais galegos, entre eles o de Burela”. O obxectivo que move á Consellería de Sanidade é potenciar e mellorar a participación neste programa de loita contra esta grave enfermidade que afecta a un bo número de mulleres galegas.

O novo servicio permitirá a incorporación de nova tecnoloxía, xa que os actuais mamógrafos analóxicos serán substituidos por outros de tecnoloxía dixital. Ademais, a nova tecnoloxía permitirá que médico especialista acceda ás probas diagnósticas en tempo real, o que levará unha diminución da repetición inxustificada das mamografías.

A creación deste novo servicio estable de prevención de cancro de mama no Hospital da Costa traerá outras vantaxes, xa que as actuais unidades móviles, que xa están obsoletas, implican diversas dificultades, xa que non serven para mamas densas, non posúen sala de espera, e presentan tamén problemas de accesibidade para mulleres con problemas de movilidade.

O investimento de implantación de mamógrafos dixitais suporá un investimento, en toda Galicia, de máis de un millón de euros.

Por todo esto, está claro que o BNG non quere que a sanidade avance en Galicia. A moción que o BNG vén de presentar en Burela supón, ademais da repetición de argumentario do Bloque por parte de Nieves Cando e un exercicio de demagoxia próximo á grosería ó decir que ó PP non lle interesan as mulleres, que ó Bloque non lle interesa que haxa máis servicios no Hospital de Burela. Hoxe din unha cousa e se concentran diante do Hospital, e mañán, como é este caso, din exactamente a contraria.

Sobre de todo, segundo os populares, tendo en conta que falamos do concello de Burela. Se alguén dos concellos do interior da Mariña nos fai este plantexamento, sería hasta comprensible, pero traer unha unidade móvil a Burela para detección de cancro de mama habendo un hospital non é entendible.

E todo esto contando co respaldo do alcalde de Burela, que hai uns días pedía máis servicios para o Hospital. Pois agora que se queren poñer, resulta que o alcalde vota en contra.

Segundo os populares está claro que nin o BNG nin o PSOE queren milloras para o Hospital, e que só o usan para sacar rendabiliade política, e polo tanto non son de fiar. O PP, durante o día de onte, mantiveron dúas reunións, unha coa Asociación de Veciños O Vencello e outra cos colectivos de mulleres de Burela, para explicar o proxecto da Xunta a este respecto e recoller suxerencias ó respecto.

Exit mobile version