CERVO .- O Concello de Cervo, a través da súa concellería de Medio Ambiente, organizou esta tarde no Salón de Actos da Casa do Concello, un acto de sensibilización e divulgación do programa de compostaxe doméstico que está previsto poñer en marcha no municipio coa colaboración de Sogama.
O acto consistiu na presentación pública e na divulgación deste proxecto de compostaxe doméstico a instaurar no noso termino municipal en virtude do acordo asinado con Sogama, e do que tamén forman parte os concellos de Alfoz, Trabada, Barreiros e Lourenzá.
A charla correu a cargo dunha técnica da empresa de enxeñaría de sistemas medioambientais, Ingesyma, encargada do seguimento deste programa piloto. Segundo indicou a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, os veciños interesados en participar nesta iniciativa “puideron coñecer os seus pormenores, así como os beneficios que traerá consigo e o proceso a seguir para transformar a materia orgánica en compost.