CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, adiantou hoxe que o Goberno local garantirá o 25% do custe das obras solicitadas polas asociacións e colectivos do concello á Deputación de Lugo dentro ao amparo do Plan Provincial de Cooperación con entidades veciñais.
Segundo indicou Villares, a medida persegue un único obxectivo: “asegurarlles de antemán a estes colectivos que van poder dispoñer a lo menos, do 25% do investimento necesario para levar adiante as obras que solicitaron á Deputación dentro do Plan Provincial coa entidades veciñais”. “Deste xeito -asegurou- queremos mitigar dentro da medida das nosas posibilidades a incerteza destas entidades que á día de hoxe non saben aínda se van poder contar coa axuda necesaria das administracións para poder levar adiante estes investimentos solicitados, os cales teñen por obxecto a mellora de servizos de interese veciñal. O que pretendemos, en definitiva, é aportar un pouco de seguridade nestes tempos de crise e de incerteza económica aos colectivos que traballan e aportan ideas en favor do conxunto dos seus pobos e aldeas”.
Todas aquelas persoas, entidades e colectivos cervenses que teñen solicitado esta liña de axudas provinciais e desexen que o Concello se comprometa con eles a garantirlles o 25% do total do investimento deberán dirixirse ás oficinas municipais para formalizar dita solicitude. Para iso deberán aportar unha copia da subvención solicitada diante da Deputación co obxecto de comprobar que realmente teñen formalizado a solicitude ao organismo provincial.