BURELA (FNC) .- A Casa da Cultura de Burela acollerá sábado a homenaxe que Asociacións de Escala de Suboficiales da Garda Civil e Concello lle renderán ao sarxento Lorenzo Martín Alonso, falecido en acto de servizo o 23 de xaneiro de 2009 vítima do furacán Klaus. Ás 11:30 terá lugar a imposición da Cruz de Honra da Asociación a título póstumo e seguidamente haberá unha misa na capela de Vila do Medio.
O rexedor, Alfredo Llano, convidou “a todos os veciños de Burela a acompañar á familia do sarxento nestes actos. Ademais da Cruz de Honra o garda civil falecido debe recibir o recoñecemento de todos nós, non só porque era un bó profesional senón porque era un bo amigo e veciño. Anímoos a todos a participar neste acto ben merecido. Ás once e media temos a primeira cita na Casa da Cultura e ás doce e media na igrexa de Vila do Medio”.