O Concello contratará a dous auxiliares da Policía Local. Será a tempo completo durante catro meses (xuño, xullo, agosto e setembro). Segundo explica o alcalde, Alfredo Llano, “o anuncio sairá publicado mañá nos periódicos e despois os interesados poderán presentar toda a documentación esixida ata o vindeiro venres 14 de maio ás tres da tarde no Concello de Burela”.